Total visitas a la página

viernes, 20 de julio de 2012

Os arqueólogos localizan en Valdevara un calendario lunar prehistórico(Becerreá)


O equipo das universidades de Santiago e Rovira y Virgili de Tarragona están traballando nas covas de Valdevara, e veñen de informar dun importante achado. Un calendario lunar tallado nun óso posiblemente dun paxaro. O óso ten incisións en múltiples de sete, co cal se medirían as fases da lúa, e pertence ao periodo magdaleniense (18.000-8.000 a.C.). tamén se localizaron outros elementos, como restos de humanso do calcolítico ou obxectos decorativso como un trazado decorativo de coral. O concello de Becerreá ten en proxecto a adquisición dunha antiga casa para empregala como museo local dos elementos localizados nas covas de Valdevara.
Tomado de: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21233&utm_source=culturagalega&utm_medium=twitter&utm_campaign=cultura

No hay comentarios:

Publicar un comentario