Cautela ante o achado porque aínda están á espera das probas como as da datación radiocarbónica, pero as hipóteses apuntan cara pinturas e gravados rupestres nas paredes da Grande Sala da escavación de Cova Eirós en Triacastela. Trátase, segundo unha nota remitida pola cosellaría de Educaión e Cultura, “dun dos descubrimentos patrimoniais máis importantes acontecidos en Galicia”. Hoxe presentáronse os resultados da última das campañas, a quinta, dun proxecto que pretende comparar as materias primas e as estratexias de subsistencia do homo sapiens e do homo neanderthalensis.
Tomado de: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21340&utm_source=culturagalega&utm_medium=twitter&utm_campaign=cultura
No hay comentarios:
Publicar un comentario